domingo, 18 de agosto de 2019

sobre a esperanza

Dáme medo ter esperanza.

    Síntome ridícula cada vez que penso nel (todos os días). Unha voz dentro de min abrúmame nos meus peores momentos recordándome que el non estará pensando xa en min.

     Hai días nos que estou distraída e síntome moi ben conmigo mesma cando a miña mente non o busca. Gústame pensar que o seu recordo se está a borrar da miña mente, dos meus beizos, da miña pel.

    Pero o certo é que a súa pegada en min é imborrable e sempre acabo volvendo a el. Estase volvendo tortura.


    Dado que parece inevitable, quizáis debería aceptalo. Aceptar que o seu recordo vivirá sempre conmigo, aceptar que unha parte de min se foi con el e, sobre todo, aceptar que sempre haberá algo dentro de min desexando que volva e que todo poida volver a ser como era.

    Quizáis ter esperanza non me fai ser unha persona ridícula. Quizáis debería usar esa ilusión a intentar seguir adiante. Que o recordo de bos momentos me dea as forzas para volver a eles. Pero son incapaz.

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario