jueves, 17 de diciembre de 2020

soidade entre a multitude

 vou andando pola rúa e as bágoas rodan polas miñas meixelas

 ao ritmo dos meus pasos

paso entre a xente mirando o chan, pero aínda así podo ver nas súas miradas o desconcerto, a pena, o asco que lles produzo

vou andando pola rúa e as bágoas rodan polas miñas meixelas


paso entre a xente mirando o chan, pero aínda así podo ver nas súas miradas que eles non sofren

van de compras, toman os seus cafés, van aos seus traballos

hai algunha ollada triste entre a xente

pero ningunha empapada de bágoas


vou andando pola rúa e as bágoas rodan polas miñas meixelas

porque son débil 

porque non estou feita para a vida

porque xa non aguanto máis


avergónzame que me miren pero dáme igual

porque non o soporto

a presión no peito é tan grande que me falta o aire

e eles míranme coas súas miradas sen bágoas pero dáme igual

porque os odio

porque quero gritarlles si eles non sofren

si eles non son débiles

si están feitos para a vida

si aguantan máis


quero gritarlles e decirlles que os odio

por ir de compras, tomar os seus cafés, ir aos seus traballos

e non andar pola rúa

con bágoas nas súas meixelas

No hay comentarios:

Publicar un comentario