domingo, 26 de julio de 2020

outlander t3 e8

hai noites coma esta nas que o que máis me atormenta son todos os erros que cometín.

por unha vez non falo da culpa coa que cargo por acabar con nós
ao fin e ao cabo estou tranquila sabendo que esa culpa a compartimos en certa maneira

desta vez falo doutra culpa
a de ser eu

a das cousas que dixen
ou fixen
que realmente non se corresponden con quen son
ou si se correspondían con quen era
pero que dende logo xa non son

e querías a esa persona
porque eu non solo era as cousas que dixen
ou as cousas que fixen

aínda que ás vecces a miña persona desdibuxárase polas cousas que dixen
ou fixen
ti querías a esa persona

pero eu xa non son nada deso

porque aínda que sempre fun máis que as cousas que dixen
ou fixen
as cousas que dis
e fas
son parte de ti
e fante esa persona

e eu
eu xa non son a persona que querías


No hay comentarios:

Publicar un comentario